Detido por resistencia e desobediencia nun control de alcoholemia en Pontevedra

Un individuo foi arrestado tras insultar e agredir a axentes da Policía Local durante un control de tráfico na madrugada do xoves.

Imaxe xenérica de luces de emerxencia reflectíndose sobre asfalto mollado pola noite.
IA

Imaxe xenérica de luces de emerxencia reflectíndose sobre asfalto mollado pola noite.

Un home foi detido pola Policía Local de Pontevedra na madrugada do pasado xoves, acusado de resistencia, desobediencia e atentado contra a autoridade durante un control de tráfico.

Os feitos tiveron lugar arredor da 01:30 horas, cando unha patrulla realizaba unha proba de alcoholemia a un condutor. O acompañante do vehículo comezou a proferir insultos e ameazas contra os axentes que estaban a intervir.

"Hijos de puta, puercos, gallegos de mierda, sois asquerosos, os voy a matar."

o individuo detido
Ademais das expresións ofensivas, o individuo realizou xestos ameazantes. Mentres tanto, o condutor do vehículo arroxou unha taxa positiva de 0,69 miligramos por litro de alcohol en aire expirado.
A situación agravouse cando un familiar do condutor, que acudira para facerse cargo do coche, tamén foi obxecto de insultos por parte do acompañante, o que o levou a desistir de asumir a custodia do turismo. Cando se solicitou a intervención dun guindastre municipal para retirar o vehículo, o home intentou impedilo, desobedecendo as ordes policiais e agredindo aos axentes. Durante o forcexo, o individuo tamén cuspiu e insultou aos policías, que finalmente procederon á súa detención.