Poio supera os 440 km de desbroces nun ano

O Concello destaca o incremento do servizo e o esforzo na mellora dos espazos públicos e camiños.

Poio supera os 440 km de desbroces nun ano

Concello de Poio. Tódolos dereitos reservados

O Concello de Poio completou a súa primeira anualidade de desbroces a finais de setembro, acondicionando un total de 440.210 metros de camiños e vías municipais, o que supón un incremento do case 9% respecto ao ano anterior.

O alcalde, Ángel Moldes, destacou o esforzo do Goberno local para mellorar o mantemento dos espazos públicos e responder ás necesidades das parroquias. "Sabemos que os desbroces son un servizo esencial para a veciñanza, especialmente nun municipio como Poio, cunha importante dispersión territorial e numerosos camiños e vías secundarias", sinalou, engadindo que se reforzan os recursos para chegar a máis zonas.
O investimento destinado aos desbroces incrementouse este ano en 250.000 euros, situando a partida anual preto dos 600.000 euros. Esta cantidade foi necesaria aumentar ante as complicadas condicións meteorolóxicas, permitindo manter un plan de actuación durante os doce meses do ano que abranxe todas as parroquias.
Os traballos continúan de maneira programada para garantir o mantemento de camiños, cunetas e zonas verdes. Nas últimas semanas, as actuacións centráronse en puntos da Caeira e Boavista, Combarro, San Martiño, Rial, Ucha e San Salvador, entre outras.
Moldes incidiu en que as condicións climatolóxicas de Galicia favorecen o rápido crecemento da vexetación, o que fai necesario manter unha actividade constante. "Non podemos limitar os desbroces a uns meses concretos. Somos un dos poucos concellos cun plan de traballo para todo o ano", explicou.
Ademais dos traballos da adxudicataria do contrato, as labores complétanse con accións doutras empresas locais nos colexios e zonas específicas, así como coa actividade da Fundación Juan XXIII nas zonas verdes de Ánkar, Lourido e A Reiboa. Refórzase tamén cunha brigada municipal e, no verán, coa brigada contra incendios. Nas zonas urbanas, a empresa de limpeza realiza os desbroces, mentres que a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia fanse cargo das vías da súa competencia.
Información elaborada a partir da fonte oficial: Concello de Poio (26/10/2026)