O suceso tivo lugar este venres nunha residencia situada no Camiño Tomada. Para facer fronte á situación, mobilizáronse efectivos de Protección Civil de Poio, xunto cos bombeiros do GES de Sanxenxo e do Servizo Comarcal de Bombeiros de Ribadumia.
A primeira chamada de alerta foi atendida por dous voluntarios de Poio, quen, tras confirmar que a casa xa estaba desaloxada e os seus habitantes a salvo, comezaron as tarefas de extinción. Ademais dos equipos de bombeiros e Protección Civil, tamén acudiron ao lugar efectivos da Garda Civil.
A extinción do lume non presentou grandes complicacións e, afortunadamente, as chamas non se propagaron á zona habitable da vivenda. Con todo, a presenza de fume fixo necesario realizar labores de ventilación para dispersar a concentración de CO2 antes de dar por finalizada a intervención.
O incidente saldouse sen feridos e, polo momento, descoñécense as causas que orixinaron o incendio no garaxe.




