A maior partida, con 2,7 millóns de euros, destinarase ao mantemento de vías urbanas, especialmente as zonas peonís. Este contrato busca garantir o bo estado das rúas, incluíndo actuacións como bacheos, mellora de pluviais e o adecentamento de estruturas singulares, cun límite de 40.000 euros por intervención.
O mantemento integral dos 22 centros educativos da cidade contará cunha achega de case 1,5 millóns de euros para os próximos tres anos. Esta inversión, que duplica a anterior licitación, forma parte dos acordos entre o goberno local e o PSOE para a aprobación dos Orzamentos e supón unha "aposta pola educación pública", segundo fontes municipais.
Outras actuacións inclúen a mellora da rede de abastecemento de auga a 32 vivendas en Casaldorado (parroquia de Lérez), cun investimento de 369.360 euros para a reposición de case 1.553 metros de tuberías.
No eido tecnolóxico, o Concello reforzará o seu sistema de virtualización coa adquisición de cinco servidores de última xeración e unha cabina de almacenamento de 80 terabytes para copias de seguridade, cun orzamento de 440.000 euros. Tamén se creará un mapa móbil 3D das 800 quilómetros de vías municipais cun investimento de 148.355 euros, que permitirá o uso dun visor cidadán e a xestión interna con intelixencia artificial.
“"Esforzo extraordinario da plantilla municipal na tramitación destes expedientes que mellorarán substancialmente a prestación dos servizos á cidadanía."
A alcaldesa accidental, Eva Villaverde, destacou o "esforzo extraordinario" da plantilla municipal na xestión destes expedientes, que suman 5.151.039,47 euros e que buscan mellorar a prestación dos servizos municipais á cidadanía.




