As actividades, impartidas por Migallas Teatro, terán lugar nas instalacións do Pazo da Cultura e inclúen expresión dramática, plástica, musical e xogos tradicionais, co obxectivo de crear un espazo de socialización en galego.
O prazo de preinscrición estará aberto dende o luns 14 de setembro ata o martes 22 de setembro. As solicitudes deberán enviarse por correo electrónico a migallas@migallas.gal.
Ofértanse preto de 100 prazas, divididas en tres grupos por idade e cun total de 10 sesións de hora e media cada unha, que se desenvolverán entre outubro e decembro. Os obradoiros terán un custo de 50€, material incluído.
Os talleres divídense en tres grupos: Taller 1 (8-11 anos) os luns de 18:00 a 19:30 h (25 prazas, comezo 5 de outubro); Taller 2 (5-7 anos) os mércores de 17:30 a 19:00 h (35 prazas, comezo 14 de outubro); e Taller 3 (5-7 anos) os xoves de 17:30 a 19:00 h (35 prazas, comezo 15 de outubro).
En caso de que as solicitudes superen as prazas ofertadas, terán prioridade os residentes no termo municipal de Pontevedra. Para adxudicar o resto das prazas, realizarase un sorteo público. A formalización da inscrición e o pago da cota farase directamente con Migallas Teatro na sesión de comezo da actividade.
Pódese atopar máis información na páxina web oficial: migallas.gal/xogando-coa-arte/.




