O Pontevedra CF arranca a tempada 2026/2027 fóra da casa

O equipo granate debutará ante o Real Avilés o 29 ou 30 de agosto e finalizará a liga regular visitando ao Arenas de Getxo.

Imaxe xenérica dun balón de fútbol sobre herba cunha portería desenfocada ao fondo.
IA

Imaxe xenérica dun balón de fútbol sobre herba cunha portería desenfocada ao fondo.

O Pontevedra CF xa coñece o seu calendario para a tempada 2026/2027, presentado pola Real Federación Española de Fútbol. O equipo granate comezará a competición fóra da casa.

O Pontevedra CF desvelou este martes o seu calendario para a tempada 2026/2027. A Real Federación Española de Fútbol anunciou o percorrido do conxunto granate para o próximo curso nun acto celebrado en Madrid.
Será a fin de semana do 29 e 30 de agosto cando comecen as competicións no terceiro chanzo do fútbol nacional. Os de Rubén Domínguez iniciarán a nova tempada visitando ao Real Avilés no Román Suárez Puerta. Este enfrontamento supón volver medirse ao último rival contra o que xogaron esta tempada, un conxunto asturiano dirixido polo exgranate Yago Iglesias.
Do mesmo xeito que o inicio, o final da liga regular tamén será a domicilio. O Pontevedra CF pechará o curso visitando ao Arenas de Getxo.
Ademais do calendario de competición, confirmáronse as datas clave para a nova tempada: o inicio e o final da liga regular, así como o inicio da fase de ascenso a Segunda División. A liga regular comezará o fin de semana do 29 e 30 de agosto e concluirá o 23 de maio.
A fase de ascenso a Segunda División comezará unha semana despois da última xornada de liga regular, o 30 de maio, coa disputa da ida da primeira eliminatoria. A volta desta rolda xogarase o 6 de xuño, mentres que a segunda eliminatoria terá lugar o 13 e 20 de xuño, día no que se coñecerán os dous equipos que ascenden á categoría de prata.