A intervención, que conta cun orzamento superior aos 750.000 euros, permitirá retirar a canalización actual do leito fluvial. A nova infraestrutura terá un diámetro de 500 milímetros, superando a capacidade da anterior, e estenderase ao longo de 360 metros entre Otero Pedrayo e a Avenida da Estación.
Os servizos técnicos municipais sinalaron que a tubería actual presentaba roturas e perdas de estanquidade provocadas polos movementos de terras e as crecidas do río. A obra inclúe a construción de 16 pozos de rexistro e ten un prazo de execución de seis meses.
En paralelo, o goberno local ten previsto iniciar a próxima semana os traballos de ampliación da rede de pluviais na Rúa do Santo, na parroquia de Lourizán, cun investimento adicional de case 500.000 euros.




