As actuacións, que abranguen case un quilómetro desta vía que conecta a cidade co concello de Campo Lameiro, xa foron completadas na súa totalidade e recepcionadas pola Axencia Galega de Infraestruturas.
Esta intervención forma parte dun contrato máis amplo de conservación e reforzo de firme que afecta a cinco estradas de titularidade da Xunta de Galicia ao seu paso por sete concellos da provincia de Pontevedra: Valga, Pontevedra, Pontecesures, Ribadumia, Cambados, Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa.




