A concesión terá unha duración dun ano, prorrogable por dous máis, cubrindo o período de outubro de 2026 a agosto de 2029. A empresa adxudicataria deberá asumir diversos custos derivados do servizo educativo para nenos de cero a tres anos, incluíndo facturas de subministros como auga, luz e gas, así como telefonía, mantemento de instalacións e a subcontratación do servizo de comedor.
Fontes consultadas sinalan que o concurso implicará a subrogación do persoal actual, composto por sete traballadores: catro educadoras infantís, unha cociñeira, unha limpador e unha directora con titulación de mestra infantil.
A gardería da Xunta en Campolongo, que abriu as súas portas en 2010, xa tiña a súa xestión externalizada. Actualmente, o centro está dirixido pola empresa Aurora Pilar y Ana SL, con sede social en Santiago de Compostela, e a súa supervisión recae na Axencia Galega de Servizos Sociais.




