As obras, que se levarán a cabo na parcela 14 do Plan Parcial do Sector A2 cedida polo Concello, contemplan a edificación dun inmoble de tres alturas con vivendas de 2, 3 e 4 dormitorios.
O proxecto inclúe unha planta de soto destinada a garaxes e rochos, que ocupará toda a superficie da parcela de 470,12 metros cadrados. A planta baixa albergará o acceso, locais de instalacións, reserva para o lixo, cuartos de limpeza e espazo para o centro de transformación, ademais dunha vivenda.
As plantas altas e baixo cuberta dedicarase a uso residencial. En concreto, no semisoto disporanse os garaxes e rochos; na planta baixa, o portal de acceso, zonas comúns, centro de transformación e dúas vivendas de 2 dormitorios. Nas plantas primeira e segunda, haberá dúas vivendas de 3 dormitorios e dúas de 2 dormitorios en cada unha. Finalmente, na planta baixo cuberta haberá unha vivenda de 2 dormitorios e outra de 4 dormitorios.




