As denuncias veciñais, recollidas este martes, 28 de abril, poñen de manifesto a necesidade de intervencións urxentes para garantir a seguridade cidadá. Un dos puntos críticos sinalados é o parque infantil da Bella Otero, situado na zona de Barrocanes, onde un tobogán presenta unha rotura significativa.
“"O lateral do tobogán presenta unha rotura/desgaste visible, xerando unha posible aresta ou zona irregular que pode causar cortes ou lesións aos nenos. Dado o risco que supón para a seguridade, solicito unha revisión e reparación urxente, ou no seu defecto, o peche temporal do elemento ata que se garanta o seu uso seguro."
Outra das queixas recibidas refírese a un socavón na rúa Curros Enríquez. Este burato, que leva máis dun mes sen ser reparado, atópase entre a Subdelegación do Goberno e a Torre, e representa un perigo considerable para o tráfico rodado.
“"Este socavón na rúa Curros Enríquez leva máis dun mes e está situado entre a Subdelegación do Goberno e a Torre. É un perigo polas manobras evasivas dos coches. Risco de colisión por iso."
Os cidadáns fan un chamamento ás autoridades competentes para que tomen as medidas oportunas e solucionen estas deficiencias que afectan directamente á seguridade e benestar dos habitantes de Ourense.