Un total de 214 alumnos e alumnas comezan a súa formación nas instalacións sanitarias de Ferrol para o curso académico 2026-2027. O alumnado provén de diferentes ámbitos formativos, incluíndo formación profesional e estudos de grao.
Na formación profesional, a área sanitaria acolle a 31 estudantes distribuídos en distintas especialidades: 25 no ciclo de técnico en coidados auxiliares de enfermería, 1 en farmacia, 1 en dietética, 1 en documentación clínica e 3 no grao superior de imaxe para o diagnóstico.
No que respecta aos estudos de grao, son 35 alumnos os que cursan o segundo ano de Podoloxía. Ademais, 123 estudantes de Enfermaría comezan os seus estudos (60 de terceiro curso, 60 de cuarto curso e 3 en prácticas). No grao de Medicina, 25 alumnos inician o seu percorrido (9 de quinto curso e 16 de sexto curso).
O acto de benvida estivo presidido polo director asistencial da área, José Lorenzo Muñoz Iglesias, quen subliñou a relevancia da docencia no ámbito sanitario, destacando que "todos aprendemos, titores e alumnos".
Pola súa banda, Ramón López de los Reyes, xefe de estudos e presidente da Comisión de Docencia da Área, fixo fincapé na importancia destes meses de primeiro contacto cos pacientes, así como na elección dunha profesión que require traballo en equipo.
Isabel Turnes Cordeiro, directora de enfermería, sinalou o crecemento anual do alumnado e a futura necesidade de profesionais para a área. Daniel Núñez Arias, director de atención hospitalaria, agradeceu a elección da área e animou os estudantes a observar e aprender para definir o seu futuro profesional.
Finalmente, Emma Rodríguez Maseda, vicedecana da facultade de Enfermería e Podoloxía de Ferrol, transmitiu o entusiasmo dos alumnos por realizar as súas prácticas na que cualificou como "a mellor área sanitaria de Galicia".




