A xornada deportiva e de convivencia, denominada 'Trote Social', terá lugar o 17 de maio en Ourense. A iniciativa, organizada polo Centro India e 60 minutos, busca ofrecer unha oportunidade para desconectar e gozar da natureza a través do deporte.
A ruta, cun percorrido de 10 quilómetros, comezará dende a emblemática Ponte Romana. Está deseñada para ser un trote ou unha andaina accesible para toda a comunidade local interesada na actividade física e o contacto coa contorna natural da cidade.
A actividade, que dará comezo ás 10:30 horas, é completamente gratuíta e está aberta a todos os participantes. Ao finalizar o percorrido, os asistentes poderán desfrutar dun vermú, poñendo así o broche final a esta xornada de deporte e socialización.




