A localidade celebrou esta xesta histórica cunha xornada marcada pola gastronomía e a música. A festa comezou ao mediodía cunha sesión vermú na emblemática praza do Cabildo, previa ao xantar veciñal.
Pola tarde, a música tradicional encheu as rúas coa tradicional "ruada" que percorreu as adegas da localidade. Numerosas persoas, moitas delas ataviadas con roupa de época, participaron neste evento.
A celebración continuou entrada a noite cun taller de baile tradicional impartido por <b>Adrao Casal</b>, antes dos concertos de <b>Tandub</b> e <b>Trapallada</b>.
Este evento conmemora o éxito daquel litixio veciñal que logrou a exención dos foros, un imposto gravoso que esixía parte das colleitas de viño ao bispado, conseguindo esta liberdade moito antes que o resto de Galicia.




