Os datos máis recentes da Enquisa Estrutural de Fogares, publicados en 2024 e referidos ao peche de 2023, sinalan que en Ourense e Lugo máis da metade dos seus habitantes son galegofalantes. Concretamente, na provincia ourensá, o 54,2% da poboación mantén o galego como lingua habitual.
Aínda que o uso do galego tende a ser menor nos núcleos urbanos, a lingua mantense viva tamén nas cidades. A práctica e a transmisión da lingua son fundamentais para preservar a tradición e a cultura propias de Galicia.




