O documento, que ascende a 127.800.000 euros, será debatido no pleno municipal. A proposta conta co apoio de DO, a abstención do PP e o voto en contra do PSOE e BNG.
A sesión plenaria está convocada para este venres ás 09:00 horas. A aprobación inicial destes presupostos marca un paso clave na xestión económica do Concello para o próximo exercicio.
“"As bases de execución profundan nun modelo de Concello pouco transparente e onde as limitacións para o exercicio do control e da fiscalización dende o punto de vista económico van en aumento, consolidando o método DO."
Dende o BNG, o seu portavoz, Luis Seara, manifestou críticas á proposta, sinalando que as bases de execución do orzamento consolidan un modelo de xestión que considera pouco transparente e con crecentes limitacións para o control económico.




