O membro dunha das bandas de rock máis influentes da historia, Marky Ramone, fixo un chamamento á solidariedade dende Ourense para combater o cancro. O batería utilizou as redes sociais para convidar a todos a acudir ao Pazo dos Deportes da cidade.
O evento deportivo non é un partido calquera. Enfrentará á selección de veteranos da Federación Galega de Baloncesto contra os veteranos do Valencia Basket, un equipo de renome a nivel nacional. O obxectivo principal é recadar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro.
“"Hey, ho, let´s go."
Toda a recadación deste encontro, que se celebrará no Pazo dos Deportes ourensán, será destinada á Asociación Española Contra o Cancro. Marky Ramone quixo aportar o seu gran de area a esta importante iniciativa.




