A proposta educativa, que se impartirá de xeito presencial no Centro Cultural da Deputación, ten como obxectivo principal mellorar a calidade de vida e a autonomía persoal dos participantes. O programa non require formación académica previa e busca fomentar o encontro interxeracional e o coñecemento do contorno cultural.
A metodoloxía de traballo basearase na experiencia vital e laboral dos alumnos, adaptando os contidos ás súas motivacións e necesidades específicas. Cada unha das materias contará cunha carga lectiva de 30 horas, integrando actividades culturais como parte fundamental da aprendizaxe.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ás instalacións da UNED en Ourense, situadas na Carretera de Vigo, Torres do Pino s/n, ou contactar a través do correo electrónico cursos@ourense.uned.es.




