A actividade, que conta con 100 horas lectivas, ten como obxectivo dotar aos participantes de competencias prácticas para a xestión de controversias en sectores como o bancario, o mercantil e o organizacional. O programa está aliñado coa Lei 5/2012 e a recente Lei Orgánica 1/2025, que reforza o papel dos medios adecuados de solución de controversias.
O curso está dirixido a estudantes de grao, profesionais do ámbito xurídico e calquera persoa interesada na resolución de conflitos. A formación está inscrita no Ministerio de Xustiza (n.º 34551), o que permite acreditar a cualificación necesaria para o acceso ao Rexistro de Mediadores e Institucións de Mediación.
A metodoloxía combina a asistencia presencial no Salón de Actos da UNED Ourense coa modalidade online, tanto en directo como en diferido. O programa inclúe unha mesa redonda final sobre a implantación real da mediación na xustiza e na empresa, na que participarán profesionais do ámbito xurídico e docente.




