O veterán guitarrista Javier Vargas, acompañado pola súa banda, ofrecceu un concerto de blues e rock no Teatro Principal de Ourense, ante un público entregado. A actuación, que tivo unha duración aproximada dunha hora, destacou pola enerxía do músico e o seu característico son, unha mestura de blues, rock e improvisacións instrumentais.
Vargas estivo acompañado no escenario polo baixista Luis Mayol, o batería Peter Kunst e o vocalista Bobby Alexander, procedente de Atlanta. O guitarrista demostrou a súa vixencia como referente do xénero en España, mantendo unha notable conexión co público e alternando diferentes rexistros musicais.
Tras o concerto, deuse paso á sinatura do novo libro de Vargas, titulado Historias de la carretera, que tivo unha boa acollida entre os asistentes.
A banda ourensá Syntomía, composta por cinco mozos da localidade, foi a encargada de abrir a xornada musical. O grupo emerxente, cun estilo rockeiro, deslumbró ao público con temas potentes como Brutalidad, augurando un futuro prometedor. O seu vocalista, Benjamín Aboni, asegurou que "Pronto teredes novidades e máis música".




