A alerta do suceso recibiuse minutos despois das 20:30 horas, desprazándose ata o lugar os bombeiros de Ourense, a Policía Nacional e a Policía Local. Segundo as primeiras informacións, a causa do lume foi un sillón eléctrico.
A intervención, que implicou o corte da zona ao tráfico, tivo unha duración aproximada de media hora. Alredor das 21:10 horas, os bombeiros deron por finalizada a súa actuación e retiráronse do lugar.




