O procedemento extraordinario ten como finalidade garantir a calidade e a continuidade asistencial nun servizo considerado prioritario. Actualmente, a unidade conta con 25 prazas ocupadas dun total de 50 postos dispoñibles, polo que a convocatoria oferta a totalidade das vacantes existentes.
A medida desenvólvese ao abeiro da reforma da Lei de medidas extraordinarias para a provisión de postos de difícil cobertura, aprobada polo Parlamento galego o pasado 7 de xullo. Entre as novidades, incentívase a experiencia laboral previa no servizo de urxencias do hospital ourensán cunha puntuación triplicada.
Mentres se completa o proceso, o Servizo Galego de Saúde mantén un programa especial de apoio con facultativos doutras áreas sanitarias para asegurar o funcionamento do servizo. A convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia durante o mes de agosto, co obxectivo de resolver o proceso no primeiro semestre de 2026.




