O accidente tivo lugar sobre as 10:30 horas deste luns no quilómetro 124,800 da Autovía Rías Baixas, en sentido decrecente. Segundo informou a Garda Civil de Ourense, o sinistro produciuse cando un dos camións alcanzou a outro que se atopaba avariado na vía.
A colisión obrigou a cortar totalmente a circulación en sentido decrecente, desviando o tráfico pola N-525 entre os quilómetros 129 e 119. Un dos condutores resultou ferido de carácter leve.
Un dos camións implicados no accidente incendiouse, o que complicou aínda máis a situación e requiriu a intervención dos servizos de emerxencia.




