Un BMW modelo M2, un deportivo de alta cilindrada, saíuse da calzada na noite deste martes na Travesía de Toén. O vehículo acabou coas rodas traseiras na estrada e a parte dianteira dentro da horta dunha vivenda, tras derrubar un muro de propiedade.
A pesar da aparatosa escena, nin o condutor nin o seu acompañante resultaron feridos. Non se pode dicir o mesmo das plantacións da horta, que quedaron esmagadas baixo o coche. Escóitase nun vídeo compartido dicir "adeus pementos e adeus todo" ante o sucedido.
O condutor do vehículo deu unha taxa de alcol de 0,19, unha cifra que se atopa dentro do límite legal permitido.




