A entidade alertou sobre a "proliferación" de métodos "non autorizados e perigosos" en guindastres da cidade, os cales "ameazan a integridade da cegoña branca", unha especie que goza de "réxime de protección especial".
Segundo a asociación, estas prácticas contravén a Lei do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, a Lei do Patrimonio Natural de Galicia e a Directiva Aves. Por este motivo, instaron a ambas as entidades a realizar unha "inspección técnica inmediata" e a "retirada urxente" dos elementos por parte das "autoridades competentes".
A instalación de elementos cortantes ou punzantes non só é unha mostra de falta de ética ambiental, senón que demostra un descoñecemento total da legalidade vixente, que prohibe taxativamente calquera método que cause sufrimento ou morte a especies protexidas.
O colectivo tamén sinalou ao sector da construción na capital ourensá, atribuíndo estas accións a unha "profunda desinformación, ou neglixencia deliberada" por parte das "empresas responsables" que optan por "solucións artesanais e ilegais" en lugar de buscar asesoramento de expertos en xestión da fauna.




