O suceso tivo lugar pouco antes das 8:00 horas, cando un particular alertou ao 112 Galicia sobre un vehículo de transporte detido nunha rotonda que perdera parte da súa carga. O vidro espallado ocupaba un carril, dificultando a circulación e xerando colas de vehículos na zona.
Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, xunto con persoal de limpeza e mantemento da vía, pertencente á Axencia Galega de Infraestruturas. Tamén se mobilizaron os bombeiros de San Cibrao das Viñas e o GES de Pereiro de Aguiar, que colaboraron nas tarefas de retirada da mercancía e aseguramento da calzada.
A pesar da aparatosidade do incidente, non se rexistraron feridos nin danos materiais de consideración, xa que o camión non chegou a colisionar con ningún outro vehículo. A situación, que se limitou a un problema de tráfico, foi resolta tras a intervención coordinada dos corpos de seguridade.




