A serie premiada, Tierra quemada, aborda os lumes que no 2025 arrasaron centos de miles de hectáreas na provincia de Ourense e noutros puntos da comunidade galega. O traballo de Lorenzo, desenvolvido para medios como EFE, Revista 5W e El País, busca concienciar sobre a urxencia de actuar fronte ás causas que intensifican estes desastres.
Desde a súa infancia, Brais Lorenzo creceu co cheiro a fume que cada verán impregnaba a súa terra. A súa implicación cos incendios galegos comezou en 2011, e durante máis dunha década seguiu de preto a evolución destes sinistros, construíndo un relato visual que combina proximidade, rigor e un forte compromiso social.
A obra reflicte a magnitude dos incendios e o baleiro dos pobos abandonados, así como a complexa interacción entre as paisaxes cambiantes, o clima extremo e as decisións humanas. As causas que intensifican os lumes, segundo o fotógrafo, inclúen a seca e a calor exacerbados polo cambio climático, a despoboación rural e as políticas forestais cortopracistas, ademais da extensión de especies non autóctonas altamente inflamables.
“"A fotografía inspire cambio."
Con esta frase, Lorenzo subliña o propósito do seu proxecto e lembra a vitalidade e vulnerabilidade do fotoxornalismo independente na actualidade.




