O Concello de Barbadás conmemora un ano máis a Semana Europea da Mobilidade co obxectivo de impulsar o transporte sostible e reducir o uso de vehículos a motor. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, sinalou a importancia de "reducir o noso impacto no medio ambiente e avanzar no uso de medios de transporte alternativos ao coche".
Dentro da campaña de concienciación, mañá celebrarase no Paseo dos Amieiros o Circuíto Ciclista Infantil. Esta proposta está dirixida a nenos e nenas de ata 10 anos que queiran participar con bicicleta, patíns ou patinetes.
A actividade, impulsada pola Biciescola Maese Bike, inclúe un circuíto de educación viaria con elementos como peóns, semáforos e sinais, ademais dunha xincana de adestramento e unha carpa de obradoiro de bicis.
“"Este tipo de iniciativas permiten que a rapazada se divirta ao mesmo tempo que aprende educación viaria"
A participación é gratuíta e é obrigatorio o uso de casco. A actividade terá lugar entre as 17,30 e as 19,30 horas.




