Augas mineromedicinais: beneficios terapéuticos en debate no Liceo de Ourense

A Cátedra de Hidrología Médica USC-Balnearios de Galicia organiza unha xornada sobre balneoterapia este mércores.

Imaxe xenérica de burbullas de auga mineral nun vaso con rochas de granito e follaxe verde ao fondo.
IA

Imaxe xenérica de burbullas de auga mineral nun vaso con rochas de granito e follaxe verde ao fondo.

O vindeiro mércores, 27 de maio, o Liceo de Ourense acollerá unha xornada organizada pola Cátedra de Hidrología Médica USC-Balnearios de Galicia para divulgar os beneficios das augas mineromedicinais.

A iniciativa, promovida pola Cátedra de Hidrología Médica USC-Balnearios de Galicia co financiamento de Turismo de Galicia, leva por título "A saúde é o que importa" e busca achegar á sociedade o valor terapéutico das augas mineromedicinais.
O evento terá lugar ás 19:30 horas no Liceo de Ourense, cunha entrada libre ata completar aforo. A xornada centrarase nas aplicacións actuais da balneoterapia para o tratamento de patoloxías respiratorias, reumáticas e da pel.
Participarán na sesión o doutor Rafael Melero, médico do Servizo de Reumatoloxía no CHUO; a doutora Mónica Fernández, médica da Unidade de Asma Grave do Servizo de Alergoloxía do CHUVI; e o doutor Javier Labandeira, médico do Servizo de Dermatoloxía do CHUO.
Posteriormente, celebrarase un coloquio moderado polo director da Cátedra, o doutor Juan Gestal.