Os aspirantes a acceder á universidade comezaron as probas cunha mestura de tensión e responsabilidade, tras meses de preparación. Os corredores da facultade mostraron dende primeira hora da mañá caras de concentración e os últimos repasos antes de enfrontarse aos exames.
O ambiente estaba marcado polo silencio e a importancia do momento para o futuro académico dos mozos e mozas ourensáns que buscan cumprir as súas metas universitarias.




