O incidente tivo lugar arredor das 13:46 horas, cando un camión perdeu parte da súa carga de purín, estendéndoa entre os puntos quilométricos 224 e 226 da autovía A-52. Esta situación provocou que un turismo se saíse da calzada polo marxe dereito.
Como consecuencia do sinistro, dúas persoas resultaron feridas e foron trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para recibir atención médica. A perda de purín estendeuse por case un quilómetro da estrada, complicando a circulación.
Ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias, os Bombeiros de San Cibrao, Protección Civil de Barbadás, o GES de Pereiro de Aguiar e a Garda Civil de Tráfico. As autoridades procederon ao corte dun dos carrís da autovía, en sentido a Vigo, para facilitar as tarefas de limpeza e restauración do pavimento, que se prevé que duren varias horas.




