Durante as primeiras horas da madrugada, entre as 3:00 e as 3:15 horas, Galicia foi escenario dunha serie de movementos sísmicos. O 112 Galicia confirmou un total de oito sismos, cuxos epicentros se localizaron nas localidades lucenses de Triacastela, Baralla e Becerreá.
Segundo os datos proporcionados polo Instituto Xeográfico Nacional, as magnitudes destes tremores oscilaron entre os 2,5 e os 3,9. O sismo de maior intensidade, cunha magnitude de 3,9, rexistrouse en Triacastela. Nesta mesma área, tamén se detectaron outros movementos de 3,4, 3,1, 3 e 2,9.
Ademais, en Becerreá producíronse dous temblores de 3,1 e 2,5, mentres que en Baralla se rexistrou un movemento de 2,5. A pesar da notable actividade sísmica, o 112 Galicia informou que non se recibiron avisos nin se rexistraron incidencias por parte da cidadanía, o que indica que os sismos non causaron danos.




