Este proxecto, que conta co respaldo do Goberno central e da Deputación de Lugo, pretende converter o establecemento nun punto de transformación de produtos locais, unha tenda de venda de produtos de quilómetro cero, unha cantina con piscina para o encontro veciñal e un aloxamento para visitantes e novos poboadores da zona.
O cineasta Oliver Laxe, presidente da asociación Ser, foi o encargado de presentar os detalles desta iniciativa durante unha visita a San Román. Estivo acompañado polo secretario xeral para o Reto Demográfico, Francisco Boya, e a presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, ademais de alcaldes da contorna e o xerente de A Carqueixa, Román Sánchez Besteiro.
“"O noso papel non se limita ao financiamento de proxectos, senón que implica tamén estar presentes nos espazos onde se decide o futuro deste territorio, como é a reserva da biosfera dos Ancares Lucenses."
A iniciativa enmárcase na creación dun Centro de Innovación Territorial (CIT) na provincia de Lugo, unha rede de colaboración para dinamizar zonas en declive poboacional. Durante a visita, López subliñou o compromiso do goberno provincial co futuro de A Montaña e a gravidade do reto demográfico na zona, que perdeu arredor dun 30% da súa poboación nos últimos 15 anos.
Pola súa banda, Boya cualificou a proposta de Ser e A Carqueixa como “interesante e auténtica”, destacando que o obxectivo do Executivo a través dos CIT é “traballar en rede para axudar e acelerar estes procesos no medio rural”.




