A iniciativa, que chega á súa sétima edición, ten como obxectivo formar a 20 persoas desempregadas na especialidade de revestimentos con pastas e morteiro na construción. Ademais, contempla incentivos para fomentar a contratación destas persoas en empresas locais unha vez finalizada a formación de nove meses.
Estes obradoiros combinan emprego e aprendizaxe práctica, centrada na execución de obras e servizos de interese social. Neste caso concreto, as actuacións centrarase na mellora e adecuación de infraestruturas públicas nos tres concellos.
En As Nogais, as obras incluirán melloras na praza e o muro de peche de Nullán, así como no drenaxe da igrexa de Santa María Magdalena e no muro da igrexa de Torés.
Pola súa banda, en Baralla acondicionarase a área recreativa e reporanse muros nos camiños de Vilanova e Escobio. En Becerreá, habilitarase un local para arquivo na nova casa consistorial e reformarase a planta baixa do edificio multiusos, entre outras intervencións.
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración xa publicou a convocatoria para o período 2026-2027, cun orzamento de máis de 8 millóns de euros. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o vindeiro 26 de xuño.




