A iniciativa, que comezará o 22 de xuño e se estenderá durante xullo e setembro, ofrece un horario amplo de mañá, de 8.45 a 14.45 horas. Está dirixida a nenos e nenas de 3 a 10 anos e desenvólvese integramente en inglés.
O obxectivo principal é fusionar a diversión coa aprendizaxe a través de xogos interactivos, experiencias creativas e actividades adaptadas á idade dos participantes. O espazo busca ser un lugar onde a rapazada poida achegarse ao inglés nun contorno moderno e estimulante.
O método de Flying Fun combina a aprendizaxe lingüística co desenvolvemento persoal e a creatividade. O centro tamén ofrece inglés creativo, actividades educativas dinámicas e propostas de creatividade infantil.
As familias interesadas en obter máis información sobre este campamento de verán poden contactar a través do teléfono 624 132 122.




