A localidade de Vilagarcía de Arousa continúa a súa expansión demográfica, rexistrando un total de 38.168 persoas empadroadas a principios de 2026. Este dato, aínda que provisional, representa un incremento de 280 veciños respecto ao ano anterior e confirma unha tendencia de crecemento sostido que se mantén nos últimos sete anos, con excepción do 2021 debido á pandemia.
Desde o Concello, o alcalde Alberto Varela, subliñou que este aumento poboacional é froito da capacidade de atracción do municipio. Atribúe o éxito a un modelo de cidade que fomenta a prosperidade económica, o dinamismo social e unha ampla oferta de servizos e infraestruturas.
“"A cidade é un foco de atracción demográfica debido a súa prosperidade económica, dinamismo social e aos servizos e atractivos que ofrece."
Varela tamén destacou o impacto das políticas municipais implementadas nos últimos anos, enfocadas na creación dunha cidade máis humana e sostible. Mencionou as boas taxas de creación de emprego, a recuperación de espazos públicos e os investimentos realizados con recursos propios e fondos europeos como factores clave para este desenvolvemento.




