A bodega do Salnés recibiu este prestixioso galardón, organizado pola Unión Española de Catadores, que recoñece ao Paco & Lola 2025 como un dos viños mellor valorados tras unha cata a cegas realizada por expertos do sector.
Este recoñecemento supón un novo respaldo para a adega nun ano especialmente destacado, sumando xa 23 medallas en concursos nacionais e internacionais. Entre os premios máis relevantes atópanse os Grandes Oros obtidos por Paco & Lola Prime 2021 e Paco & Lola Vintage 2018, ademais doutros ouros en certames de prestixio como o International Wine & Spirit Competition ou os TEXSOM Awards.
O xurado destacou do albariño Paco & Lola 2025 o seu perfil atlántico, a intensidade aromática e o equilibrio en boca, características propias das uvas procedentes do Val do Salnés. Elaborado a partir de mosto flor e criado sobre lías finas durante tres meses, o viño reflicte a identidade da D.O. Rías Baixas e a singularidade da colleita 2025.
Con máis de 430 familias viticultoras integradas na Cooperativa Vitivinícola Arousana e presenza en máis de 50 países, Paco & Lola consolida a súa posición como unha das marcas de referencia do albariño galego e reforza a proxección internacional dos viños elaborados en Meaño.




