O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou dous establecementos no municipio para coñecer os resultados desta axuda. O obxectivo principal é evitar que a xubilación ou o cesamento de actividade dos propietarios leve ao peche de locais con historia e arraigamento na comunidade.
“"Xere emprego, que faga barrio e que manteña a vitalidade dos nosos concellos."
O programa Bono Remuda forma parte dunha orde unificada de apoios ao sector autónomo, que este ano conta cunha dotación global de 40,7 millóns de euros. Destes, 1,5 millóns están especificamente destinados ao relevo xeracional, o que representa un incremento do 20% respecto ao ano anterior.
As axudas divídense en dúas modalidades: o Bono Remuda Rural, para municipios de menos de 10.000 habitantes, que subvenciona ata o 75% do prezo do contrato de relevo; e o Bono Remuda Xeral, para concellos con maior poboación, que cobre ata o 70% do custo. En ambos os casos, a contía máxima da axuda é de 30.000 euros. O prazo para solicitar estes incentivos remata o 30 de setembro, ou cando se esgote o crédito dispoñible.
Ademais, a orde única inclúe a ampliación da "cota cero" a dous anos para os profesionais que inicien a súa actividade en sectores estratéxicos como a agricultura, a gandería ou a silvicultura, fronte aos 12 meses de cobertura da liña xeral de axudas ao emprendemento.




