A actividade tivo lugar no colexio de Educación Infantil Sonrisas y Lágrimas, un dos quince centros galegos que se sumaron a esta campaña promovida pola Xunta en colaboración coa Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia.
Durante a súa visita, Villaverde destacou as propiedades nutricionais do mexillón e a súa relevancia económica e social para zonas como A Illa de Arousa. Tamén puxo en valor o traballo de promoción desde idades temperás para achegar o produto ás novas xeracións.
É importante achegar o produto do mar ás novas xeracións e promover hábitos de alimentación saudables.
Como parte da xornada, os nenos e nenas que utilizan o comedor escolar puideron degustar diferentes preparacións elaboradas con mexillón galego, nunha proposta educativa que combina alimentación saudable e divulgación do patrimonio marítimo galego.




