A investigación iniciouse tras a denuncia dos responsables dun comercio de telefonía en Sanxenxo, que detectaron a desaparición de varios terminais de alta gama. O valor de venda ao público dos dispositivos subtraídos ascendía a 23.000 euros.
As pescudas realizadas polo Equipo de Investigación da Garda Civil de Sanxenxo permitiron identificar como presunto autor a un exemplegado do establecemento. Este individuo, aproveitando o seu coñecemento das instalacións e dos sistemas de seguridade, accedería ao local en diferentes ocasións para subtraer os dispositivos.
O Instituto Armado tamén determinou que os móbiles furtados eran posteriormente vendidos en establecementos de compra-venda de segunda man situados na cidade de Vigo.
Os feitos investigados foron postos en coñecemento do Tribunal de Instancia Sección Civil e de Instrución Praza de Garda de Cambados, onde o presunto autor deberá comparecer para responder polos seus actos.




