O actor cambadés Flako Estévez foi o encargado de pronunciar o pregón dende a Casa Consistorial, cun discurso cheo de retranca no que animou a todos os asistentes a vivir "A mellor festa do mundo", reivindicando a Cambados como a capital indiscutible do albariño.
Tras o pregón, a conselleira de Medio Rural, María José Gómez, xunto a outras autoridades, encabezou a comitiva que realizou o tradicional corte de cinta no Paseo da Calzada. Nesta edición, o recinto festivo conta con 42 casetas que albergan 44 adegas.
A festa destaca este ano por un récord absoluto na participación de adegas: 59 bodegas da D.O. Rías Baixas participarán na cata oficial, mentres que 212 estarán presentes no túnel do viño.
O recinto completo estará aberto ao público dende as 12:00 ata as 3:00 da madrugada ata o vindeiro domingo, ofrecendo a oportunidade de degustar "unha colleita extraordinaria" de albariño.




