A responsable autonómica asistiu á entrega de premios deste evento deportivo e destacou o papel fundamental da asociación Asaltamontes e das súas participantes na promoción da visibilidade das mulleres en disciplinas deportivas tradicionalmente dominadas por homes.
Segundo Ingerto, este tipo de eventos supoñen un avance significativo na promoción da igualdade e na superación de estereotipos de xénero, demostrando que o deporte é para todas as persoas.
A directora xeral tamén fixo fincapé na importancia destes encontros para inspirar a nenas e mozas, axudando a romper barreiras e a fomentar a idea de que o deporte non ten xénero.




