O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, foi o encargado de entregar o galardón a Canosa, recoñecendo a súa proximidade e o apoio continuado ás persoas con enfermidades reumáticas. A Liga Reumatolóxica Galega distingue con estes premios a persoas e entidades que contribúen a mellorar a vida dos afectados.
"Cambiei varias veces de responsabilidade, pero nunca cambiei de oficio: o meu oficio é a vida cotiá das persoas", afirmou Canosa. A concelleira tamén lembrou a súa experiencia como terapeuta ocupacional e docente, e como estas vivencias influíron na súa xestión de infraestruturas, tendo en conta o impacto das decisións na autonomía dos cidadáns.
Canosa compartiu o recoñecemento co equipo municipal de Benestar Social e dedicou o premio ás persoas que sosteñen a Liga desde a súa fundación na Coruña en 1996. Nesta edición, tamén foron premiadas a Oficina de Atención á Diversidade da UDC e UDC Saudable polos seus traballos a prol da inclusión e a promoción da saúde universitaria.




