O Concello de Cangas porá en marcha un Punto Lila durante varios días das Festas do Cristo co obxectivo de ofrecer atención, información e sensibilización fronte ás violencias machistas e sexuais.
Este servizo estará situado na Rúa Cuba, fronte ao Concello de Cangas, e estará operativo os días 22, 28, 29, 30 e 31 de agosto, en horario de 23:30 a 05:30 horas.
O Punto Lila funcionará como un espazo de acompañamento, orientación e información para a cidadanía durante as noites de maior actividade festiva.
Ademais, a través dos códigos QR incluídos no cartel, as persoas poderán acceder á Guía contra as violencias sexuais e á Guía de actuación.




