A obra, que se estreará ás 21.00 horas, recupera un dos episodios máis significativos da historia contemporánea de Galicia, a Revolución Galega de 1846. Este acontecemento non só representou un pronunciamento militar, senón que tamén marcou a emerxencia de Galicia como suxeito político moderno e deixou unha profunda pegada no pensamento e na cultura do país.
O documental é o resultado de anos de investigación liderados por César Caramés, quen explorou as claves históricas destes feitos e a súa influencia na construción da Galicia contemporánea.
Tras a exhibición do filme, celebrarase un coloquio co director do documental. Durante este encontro, abordaranse o proceso de investigación levado a cabo, os aspectos históricos fundamentais dos acontecementos e a súa transcendencia na configuración da Galicia actual.
Esta actividade cultural é organizada pola Fundación Galiza Sempre e conta coa colaboración do Concello de Cangas e do Auditorio Municipal.




