A actividade, que se desenvolverá en dous pases (de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas), presentará unha colección de xogos artesanais creados integramente en galego. Brazolinda busca promover o uso da lingua galega de xeito natural e participativo a través do xogo compartido.
As propostas educativas, cooperativas e interxeracionais están deseñadas para fomentar a interacción entre persoas adultas e crianzas, creando un espazo de lecer compartido e de aprendizaxe lingüística.
A iniciativa está promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cangas, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia.




