A mostra, que se inaugurou o pasado 3 de novembro, reúne unha quincena de paneis que exploran a relevancia histórica e patrimonial dos Andrade, con especial atención a Pontedeume e a súa contorna. Os contidos abarcan as arquitecturas señoriais, o linaxe dos Andrade, a súa presenza na documentación histórica e a pegada cultural que deixaron.
A iniciativa, enmarcada na Semana da Ciencia e a Tecnoloxía 2026, dá continuidade á liña de actuación do IEGPS en torno a exposicións itinerantes sobre castelos e fortalezas galegas. O comisario é Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, profesor ad honorem do CSIC.
O proxecto conta co apoio da Axencia Turismo de Galicia, o Concello de Pontedeume e a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia. O desenvolvemento desta iniciativa pódese seguir a través da páxina web de “Os Nosos Castelos”, que inclúe información sobre as exposicións, biografías e material audiovisual.




