A operación, que xa conta co visto e prace administrativo tras a habilitación de crédito aprobada o pasado mes de abril, permitirá eliminar unha edificación en estado ruinoso que actualmente condiciona a imaxe dun dos accesos principais á vila.
Segundo fontes municipais, o obxectivo é reorganizar o terreo para iniciar canto antes a redacción do proxecto técnico. Esta actuación responde a unha vella reivindicación do tecido asociativo e cultural da localidade, que reclamaba unhas instalacións adecuadas para a súa actividade.
“"Tras aprobar a habilitación de crédito, xa podemos anunciar que pechamos o acordo de compra para adquirir este edificio."




