Os directores xerais de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, e de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, mantiveron unha xuntanza coa confraría de Pontedeume. Esta reunión forma parte dunha rolda de contactos que a Consellería do Mar está a desenvolver co sector marítimo-pesqueiro.
Durante o encontro, analizouse a situación actual do marisqueo a flote na zona, avaliando a súa evolución e os principais retos e necesidades desta actividade. Tamén se fixo seguimento das liñas de colaboración entre a Administración autonómica e os pósitos pesqueiros.
O obxectivo destas xuntanzas é reforzar a sustentabilidade social, económica e ambiental do sector marítimo-pesqueiro, así como favorecer a súa competitividade e viabilidade futura.




