O incidente tivo lugar no quilómetro 10 da estrada DP-50-01, concretamente na parroquia do Alto de Xestoso, no concello de Monfero. Un particular alertou ao 112 Galicia sobre o suceso e o lume que se orixinara no vehículo.
Segundo confirmaron os Bombeiros do Eume á central de emerxencias, o lume afectou o interior do coche e parte do motor, deixando o vehículo completamente calcinado. A persoa que conducía o automóbil trasladouse por medios propios a un centro médico.
A pesar da espectacularidade do suceso, o condutor só presentaba unha leve dor torácica. O 112 tamén informou do acontecido á Garda Civil de Tráfico para as dilixencias correspondentes.




